Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


lunes, 17 de diciembre de 2012

.

É fácil: ti trátasme ben e eu tratareite ben. Ti trátasme mal e eu tratareite peor.

.

Non teñas pena de min que eu non a hei ter de ninguén.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

A miña noite.

02:04

Silenzo.

02:07


Impaciencia.




02:18








Desesperación.











02:25















Cansancio.












02:32













Cabreo.


















02:42
















Insomnio.















7:32
Sono.

martes, 4 de diciembre de 2012

.

- Ei, ti por aquí...?
- Trasnoitando, intentando xurar cambiar a mellor.
- Non é un bo comezo.
- É o mellor final.

lunes, 3 de diciembre de 2012

No principio do círculo.

Insconscientemente espero algo que pensaba que non me faría falta porque nego depender de alguén para ser plenamente feliz.

Mais encabúxome comigo mesma, batendo o maxín entre as mans cando dubido da miña máxima.

Quen dera poder ter un compañeiro especial a quen contarlle.
E no momento boto abaixo tal antollo. Quen pode ter dereito a selo primeiro que mereza as miñas ilusións e inquedanzas ou as miñas mágoas se non é capaz de perdurar no tempo ó meu carón?
Quen ha de levar un cachiño de min que xamáis voltará?
A quen lle hei regalar noites en vela contándolle soños que nunca soñarei?

E ó mesmo tempo como me gustaría todo.

Pero este é o meu cículo do que non saio onde á par ergo un muro circular que me protexa do que poida ser que nunca será.

jueves, 29 de noviembre de 2012

Un só e para sempre.

Entón deixei voar hora e medio de sono para quedar a escoitar unha historia:

Ela era ela.
El tiña medo de ser el.

Vivían en países lonxanos pero sentíanse moi preto.
Ela mandaba cartas perfumadas.
El mandaba partituras de cancións que endexamáis sabería tocar.

Ela gustáballe bailar.
El aprendeu.

Ela escoitaba mentres el falaba.
El soñaba mentres ela o miraba.

Ela buscaba cada noite onde pousarse no seu colo.
El esperaba a que ela adormecese para velares polos seus soños.

Ela ás veces tremía co medo.
El co seu ollar nela era todo o valor que precisaba.

Ela era a súa compañeira, amante e muller.
El era o seu todo.

Entón un día, como xiada de inverno, a morte sentou á beira da súa cama.

El desapareceu.
Ela segueuno agardando corenta anos.

Todas as mañás ela preparaba a súa roupa.

Poñía dous cubertos máis á mesa.

Xamáis gardou as cousas do seu escritorio.

Sempre comodou a súa almofada antes de durmir.

Sabía que el seguía con ela outros corenta anos máis.


martes, 27 de noviembre de 2012

Outono coruñés.

Que son as noites sen boas?

Non son.

Son

frío, silenzo e soidade.

Saudade.

Óllanse cara as últimas horas
atrás.

Tempo pasado, está

perdido.
Soia.

jueves, 8 de noviembre de 2012

Dóelle.


A nena.
Non sabe amar.      
                            Dóelle.
Aprémelle o peito, fáltalle o aire.
Toléalle a cabeza. Branquea o sentido
Non sabe o que é amar, confúndese.
Non sabe a quen amar.

Ten un corazón mentireiro.



Agora aprende a ter corazón de ferro.

E agora dóelle máis ca nunca
porque o corazón precisa amar
como tamén precisa chorar.

Coma un neno que quere o colo de súa nai.

martes, 16 de octubre de 2012

Chegar sen querer á madrugada.

Son as tres da mañá; unha hora na que seguir esperta é o menos ansiado se mañá as sete pretendo estar en pe.

Seica por motivos alleos algo decidiu que esta noite non quixese emprendelo sono: chove fóra pero non tan forte como para que as pingueiras fagan un arrolo co que soñar. Movistar tamén decidiu ter o 3G saturado as 3.05 polo que ler en liña queda descartado. O único libro que teño fala de político. Xa non está Xabier Díaz para que me susurre cancións á beira da cama en modo aleatorio. E de tódolos tés que hai non sei cal é o que axuda a adormecer.

A pesar de levar todo o día en pé as ideas non dan asentado, batendo deica un lado ó outro do pensamento. Magoa e cansa.

Comezo un paseo, de vagariño, lembrándome de todo co ollar perdido no teito escuro e cunha pobre luz que chega dende os buratos da persiana perfilando un patrón de estreliñas e constelacións monótonas na miña habitación. E aí viaxa o meu sentido preguntando por todo.
Unha vez dixo meu pai “Que malo é cando as cabeciñas pensan.”

jueves, 28 de junio de 2012

Emulando a Egon Schiele


Inspiración  sobre as obras do pintor Egon Schiele
Photoshop. sen tableta gráfica

jueves, 21 de junio de 2012

Retais de pensamentos

Disto que te pos a pensar até a metade. Exemplos varios:


1. O silencio só o escachaba aquel contacontos e os risos que estoupaban dos que oían atentos.

E dicía o contacontos: "

2. A miña inspiración expirou.
Dende que non hai un mal de amor que me atormente, dende que rematou o inverno que me aloumiñaba ó outro lado da xanela.

3. As verbas espalladas, as lembranzas que se van de vagar, os días e as noites, as persoas e as súas pegadas enchen os nosos camiños. Non teñas mágoa dos anos que deixamos atrás porque deixarán vir moitos máis.


4. Peixes e demáis merdas nas redes. Ás veces non somos conscientes do que recollemos cando tentamos lanzalas redes e outras moitas veces que tampouco sabemos en que redes caemos.


5. Verás, amor, son casi as 5 da madrugada. Levo así esperta dende hai dous días. Aos que me recriminan "Que mala cara tes" non deixo escapar outra excusa da miña boca que non sexa "Ando dunha gripe que non descanso nada ben" Pero o certo, amor, é que estou agardando por el. Mentres, arróupome entre botellas de cristal de 33 cl e coas gotas que se verteron por fóra intento limpalo rimel que axuda a demacrar un pouquiño máis a miña cara


6. Nunca souben acertar a dicir cal é a alentada de aire que che empurra a escribir estas cousas.
Hai veces que


7. Estou nun lugar afogado por gargalladas alleas e polo cheiro a café. O inverno peta na ventá e non alcanzo a nada máis que non sexa buscar aloumiño sentada na silla máis preto ao radiador. Nen sequera é mediodía e atragóanseme as gañas de pedir un botella de destilado; hai tanto que esquecer.



E velaí as miñas verbas orfas no aire que quedaron coas ganas de contar unha historia.

lunes, 18 de junio de 2012

Guía rápida do mozo galego: que debemos correxir. Vol. I

Hoxe por hoxe, as técnicas de apareamento desarrolladas por individuos de entre 17 - 25 anos conforman un amplo abano de variedades para tódolos «gustos». A pesar da súa inefectividade, moitas delas seguen en vigor dando forma ós tópicos que arrodean ao especimen galego.

Dende a "Guía práctica do mozo galego" avogamos polo extirminio destas expresións e costumes na súa totalidade.

Porén damos a continuación neste primeiro volumen  uns consellos útiles que todo mozo -baixo a tutela desta guía- debe pór en marcha de socato. Isto é, suprimir moitas costumes:

1. Na rúa, no bar, no parque, facendo cola no baño.... por favor, mantén un ton de voz apropiado: non somos animáis de levar á pacer. Fálanos sosegado, con tranquilidade. Estamos preparadas para percibir tons por debaixo dos 20.000 KHs.

2. Se cando falas, tes unha lixeira propensión de cuspir á xente -esperamos que sen querer- practica falando diante dun espello. Se cando pasas a man está seco, todo irá ben.

3. Expresións burdas que conteñan calquer palabra do campo semántico agrícola suprímea, elimínaa, ardea.

4. Antigamente os mozos presumían do cabalo nas feiras diante das mozas para impresionalas. Iso quedou no pasado, en serio, non intentes facer NADA co teu "coche".

       4.1. Non por levar a música máis alta vas chamarnos máis a atención. Bueno, si: pero para mal.
       4.2. Pór o teu nome e o dela nas pegatinas de rally no coche NON é romántico.
       4.3. Unha canción que conteña "gasolina", "mamita", "fuegote" NON é romántico.

5. Cadeas, calzado que triplique o ancho do teu pe, gorras ou calquera ornamentación véxase: chamas, calaveiras e/ou demáis similitudes, ardeas.

6. As camisetas de tirantes ardeas directamente.

7. Un home non mide a súa "bravura" por cubatas. Con iso só mide a tontería que leva encima.
     


8. A hixiene é importante. A diaria máis.

9. Lee.
      9.1. Dámoslle importancia a distinguir entre "ai", "hai" e "aí".
      9.2. Preocúpate por estar informado da actualidade.

10. E non tentes ir con iso de "pero eu quero ser eu mismo, mostrarme como son."

Chaval, se tiñas 1 destos 10 malos costumes, entonces é hora de cambiar.

Até aquí o primeiro volumen de «Guía rápida para o mozo galego: que debemos correxir.»

Próximas entregas: - Como facelas beiras - Sinais que debedes interpretar.

jueves, 14 de junio de 2012

Entretempos de acuarelas




Acuarela (420 x 297 mm)

viernes, 11 de mayo de 2012

Propósitos nulos

Dubidas. Vacilas. Volves negalo. Mente en branco.

Voltas ó mundo real.

Divagas. Refútaste. Dubidas. Xa non o negas. Cabeza feita unha maraña de pensamentos traidores.

Desespéraste.

Unha soa persoa abonda para botar abaixo o meu muro feito de andanzas que magullaron o fondo do meu peito, que erguín arredor miña para defenderme de sentimentos. Disos que mancan.
Que mancan moito.

Non me gustan as cancións de amor, nin os plans de dous. Non me gustan os bicos na rúa, nin que me collan da man. Nin as flores. Non me gusta que me esperen nin que me acompañen, nin que me esperten cun "princesa" nin me adormezan cun aloumiño.

Non me gusta que me namores.
Xa non me gusta.

jueves, 3 de mayo de 2012

Diario de ninguén

Cando de noite a única voz que oes é a radio. Pola para adormecer.
Deixas que un extrano quede contigo toda a noite porque non hai quen se deite ó teu carón e vaia tecendo o teu sono con contos ó oído mentres che aloumiña. Non hai ninguén.

Tampouco xiras até o outro lado da cama porque está fría e non che gusta esa sensación: é porén que quedas no mesmo lado tódalas noites, pegadiño á beira e tapándote até os fociños. Como se iso fose cubrila túa tristeza.

E logo pensas, que fixeches mal? Se tan atento dicías que eras, se tan boa persoa, se tan conto chino.

Sabes? Quen xoga queda só.