tag:blogger.com,1999:blog-10218453813320717482024-03-13T17:41:46.300+00:00nubes de morfinaSofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.comBlogger97125tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-40035951834126174752013-02-20T01:53:00.001+00:002013-02-20T01:53:03.660+00:00Deica logo, camarada
Demos co campo por un camiño de pedra. Segundo nos achegabamos faciámolo paso máis cativo para evitar irrumpir aquel silenzo estremecedor.
Por riba dos muros deixábase ver unha marea negra de barillas e tela impermeable onde escorregaba a choiva. Choiva miúda que debaixo dos paraugas semella o trote dun cabalo.
A porta pequena da igrexa estaba pechada. Notaba a herba húmida a través dos zapatos.
Mentres miraba a marea negra onde se agochaban o resto de feligreses, fíxome un aceno co mentón para que o seguise.
Ficamos diante do santuario, na porta principal coas portas abertas. Esperábase a alguén.
Un home sen saber de música facía soar as campás. Dúas veces a pequena, unha vez a grande.
Tan,...    tan,...    ton.
Alguén chegaba ainda ó lonxe.
Quedaba tempo.
Tan,... tan,... ton.
Seguía chovendo e ó campo viña ainda xente.
Tan, tan, ton.
Asomábase outra marea negra, paseniña. Entre laios amarrados.
Apresurábanse as campás.
Tantantón.
Chegara. E calaron as linguas. E cesou o son das campás.
Fíxose un silencio e o ceo semellou chorar con forza.
Catro homes colleron a caixa adornada de flores cos brazos mais non con forza. Estaban sen folgos, cansos de chorar. A dor non nos era allea a ninguén dos que alí estabamos.
Volveron soar as campás, sen parada.
Tan, tan, ton. Tan, tan, ton.
A quen todos esperaban xa chegara. A marea negra apoiada nos muros fíxolle un último pasillo e el deu o último paseo.
Tan, tan, ton. Tan, tan, ton.
A humidade da herba, a choiva soando como o trote dun cabalo.
Tan,
Os laios reprimidos, os choros incontidos.
A caixa sepultada, a terra botada.
tan,
O cheiro a incienso. As caras demacradas.
ton.
Un último adeus. Deica logo, camarada.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-46150199820917934812013-02-06T00:58:00.001+00:002013-02-06T00:58:46.753+00:00#157
-"A xente agora... Está de moda beber o café en vasos de cartón ou que cho sirvan en plástico pero eu non cambiaría endexamáis a taza de cerámica. O xeito en que che quence as mans... A calor morniña que desprende. Convídache a pensar e ó mesmo faiche esquecer todo o estrés."
-"Vaites. En que cousas te fixas." Respondeu o sombrereiro tolo
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-87217133804076848942013-02-05T01:31:00.001+00:002013-02-05T01:39:48.155+00:00Outra noite de febreiro
Cando te repites unha e outra as túas máximas chega un punto no que nin ti mesmo as cres porque sinxelamente vóltanse absurdas.
Non hai mensaxe de ánimo posible.
Cando caes é porque os nocelos non treman máis de todo o peso.
Cando o ves negro é porque xa non queda luz.
Cando non tes ganas é porque xa as gastaches todas.
Xa non hai notas de jazz que agasallen xera.
As noites non son máis que a penumbra onde se acolle o maxín. A vagar está en altas horas sen altas metas.
Repousa o corpo canso con magulladuras que non se ven.
Treme de medo ó pensar que cando o sol se agoche na mañá tras o telón das escuras nubes teña que voltar batallar o perdido. Nin o propio sol é quen de sair.
Pero tense que erguer cada mañá e verse co mundo.
É máis fácil fuxir. Fuxir do que non nos gusta. Se algo novo nos da medo rexeitarémolo.
Non se pode arriscar, mellor non perder.
Se non ganas, polo menos non estás magullada.
E ó mesmo tempo ceivarse da carga allea. Do compromiso.
Non son máis que o que quixo e non foi un efímero aleteo dunha divagante que non emprendeu o voo.
Esperar por xullo para voltar a empezar.
Prometer na noite de San Xoán cumprir de novo cos meus consellos -consellos que endexamáis escoito-
e deixar nos retais do inverno esta derrota inminente.
Que deste baile perdín o paso mailo compás.
Que ás comisuras pésalle sostelo sorriso.
Que ás veces tamén teño dereito a caer e non levantarme,
deixa que abril e maio me quenzan o corpo con xera nova.
Porque unha vez máis unha depende dela soa.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-44548378109760492692013-02-04T23:25:00.001+00:002013-02-04T23:25:09.608+00:00.
Mañá arrepentireime de todo. Pero mañá.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-45864594121453660522013-02-01T01:02:00.001+00:002013-02-01T01:02:15.242+00:00.
Deixaría de andarse a mensaxes con ela ata ben entrada a madrugada. Non faltaría máis a clase. Saldría o xusto e bebería o necesario. Leería tódalas noites un pouco e polas mañás todos os titulares do xornal.
Negaríao con clase se lle ofrecían un cigarro.
Decidiu que ía ser máis serio e comezou facendo café.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-75453582700823686222013-01-24T03:12:00.001+00:002013-01-24T03:12:11.292+00:00.
Teño tantas veces pendentes de namorarme que non me chega a vida.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-34922366655934613212013-01-23T01:15:00.001+00:002013-01-23T01:15:21.228+00:00.
Peor que non adormecer é ter os pes fríos.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-69474038066321249972013-01-14T01:26:00.001+00:002013-01-14T01:26:13.040+00:00Hoxe non hai literatura.
Hai unha cousa importante que aprendín... Pero 'aprender' de verdade. Non 'aprender' de contestar "Si, xa sei" senon de aprender, asimilar e pensar.
As persoas erramos pero porque nunca paramos de 'aprender' e endexamáis poderiamos facelo ben se non nos deixan volver a intentalo.
A iso chamámoslle segunda oportunidade e é un acto natural de bondade do ser humano do que ninguén debería cadecer.
Pero a natureza é moi lista e dotounos con outro sentido máis. O séptimo. Porque o sexto é un invento das películas. O sexto sentido é cando a rapaza loira mira detrás da porta porque pensa que hai alguén.
O séptimo sentido nunca se chega a desenrolar de todo nas persoas. Por iso moitas delas non o poden usar e evitar que lle fagan dano. Pero non dano de poñer tiritas e Betadine.
Dano de que se che encolle o peito e móllanseche os ollos.
Dano de que parece que escacha o peito. É dos peores.
Pois ben. Cando este séptimo sentido non se desenrola, no seu lugar aparece unha anomalía que non nos permite distinguir con claridade as verdadeiras intencións de terceiras persoas e os suxeitos pensan -por inercia- que todo o mundo é bo.
Os afectados comezan a desenrolar o séptimo sentido cando se decatan das malas intencións alleas.
Pero logo estos suxeitos sofren outra anomalía crónica que é perdoar e comezar dende cero. E aquí por moito que nos pensemos que "vouno/a seguir tratando igual", "seguro que non o fixo querendo" o corazón é máis listo que ninguén, incluso ca mente, e enseguida manda un estímulo para avisar: "Sofía, ándate con ollo."
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-21100033690829666842013-01-14T00:13:00.001+00:002013-01-14T00:13:50.342+00:00.
Nin os filmes me contan nada novo xa.
Oh, que pena.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-45399693902023846002013-01-11T23:31:00.001+00:002013-01-11T23:31:59.026+00:00.
Preciso de alguén que me entenda e me coñeza moi ben, que sepa cando lle minto e ainda así asinta como verdadeiro. Que me escoite sen dar chío e non me saque atención de enriba. Que me garde canto segredo ceivo e non me xulgue.
Que esté no momento e lugar preciso. É inminente que preciso un espello.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-2961611014446537852013-01-10T15:33:00.001+00:002013-01-10T15:33:18.832+00:00.
"Si non vas a venir avísame pronto que yo quiero bailar. Solo quiero bailar."
É máis. Non veñas.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-78222558978463742942013-01-08T02:12:00.001+00:002013-01-08T02:12:37.570+00:00.
Dixéranlle á cativa que si el aparecía cando soñaba era porque el estaba pensando nela.
Co vergonzosa que era tentou non pensar máis nel para non atoparse en soños.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-55241471019705853472013-01-06T01:49:00.001+00:002013-01-06T01:49:41.401+00:00Microconto.
E cando se asegurou de que ninguén miraba, voltou a cabeza e deixou caer as comisuras dos beizos que tanto lle pesaban de mantelo sorriso.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-24132008362124331992013-01-01T23:50:00.001+00:002013-01-01T23:50:44.449+00:00.
"Se che fixo feliz non conta como erro."
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-32426515060024137192012-12-30T23:59:00.001+00:002012-12-30T23:59:31.229+00:00.
Faría unha declaración de valores pero cambieinos todos por unha botella de ginebra.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-26839610070378070672012-12-17T03:43:00.001+00:002012-12-17T03:43:48.012+00:00.
É fácil: ti trátasme ben e eu tratareite ben. Ti trátasme mal e eu tratareite peor.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-50357169320114904152012-12-17T02:28:00.001+00:002013-01-09T12:28:55.978+00:00.
Non teñas pena de min que eu non a hei ter de ninguén.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-27599828424398947832012-12-05T01:10:00.001+00:002012-12-05T01:13:55.425+00:00A miña noite.
02:04
Silenzo.
02:07
Impaciencia.
02:18
Desesperación.
02:25
Cansancio.
02:32
Cabreo.
02:42
Insomnio.
7:32
Sono.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-33267990653897103062012-12-04T00:59:00.001+00:002012-12-04T00:59:41.525+00:00.
- Ei, ti por aquí...?
- Trasnoitando, intentando xurar cambiar a mellor.
- Non é un bo comezo.
- É o mellor final.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-51380583415107453312012-12-03T20:37:00.001+00:002012-12-03T20:37:20.849+00:00No principio do círculo.
Insconscientemente espero algo que pensaba que non me faría falta porque nego depender de alguén para ser plenamente feliz.
Mais encabúxome comigo mesma, batendo o maxín entre as mans cando dubido da miña máxima.
Quen dera poder ter un compañeiro especial a quen contarlle.
E no momento boto abaixo tal antollo. Quen pode ter dereito a selo primeiro que mereza as miñas ilusións e inquedanzas ou as miñas mágoas se non é capaz de perdurar no tempo ó meu carón?
Quen ha de levar un cachiño de min que xamáis voltará?
A quen lle hei regalar noites en vela contándolle soños que nunca soñarei?
E ó mesmo tempo como me gustaría todo.
Pero este é o meu cículo do que non saio onde á par ergo un muro circular que me protexa do que poida ser que nunca será.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-63142566671402381482012-11-29T01:14:00.001+00:002012-11-29T01:14:37.088+00:00Un só e para sempre.
Entón deixei voar hora e medio de sono para quedar a escoitar unha historia:
Ela era ela.
El tiña medo de ser el.
Vivían en países lonxanos pero sentíanse moi preto.
Ela mandaba cartas perfumadas.
El mandaba partituras de cancións que endexamáis sabería tocar.
Ela gustáballe bailar.
El aprendeu.
Ela escoitaba mentres el falaba.
El soñaba mentres ela o miraba.
Ela buscaba cada noite onde pousarse no seu colo.
El esperaba a que ela adormecese para velares polos seus soños.
Ela ás veces tremía co medo.
El co seu ollar nela era todo o valor que precisaba.
Ela era a súa compañeira, amante e muller.
El era o seu todo.
Entón un día, como xiada de inverno, a morte sentou á beira da súa cama.
El desapareceu.
Ela segueuno agardando corenta anos.
Todas as mañás ela preparaba a súa roupa.
Poñía dous cubertos máis á mesa.
Xamáis gardou as cousas do seu escritorio.
Sempre comodou a súa almofada antes de durmir.
Sabía que el seguía con ela outros corenta anos máis.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-19753652993333853642012-11-27T00:58:00.001+00:002012-11-27T00:58:19.557+00:00Outono coruñés.
Que son as noites sen boas?
Non son.
Son
frío, silenzo e soidade.
Saudade.
Óllanse cara as últimas horas
atrás.
Tempo pasado, está
perdido.
Soia.
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-26938655025184196232012-11-08T12:22:00.000+00:002012-11-08T12:22:39.337+00:00Dóelle.
A nena.<o:p></o:p>
Non sabe amar.
Dóelle.
Aprémelle o peito, fáltalle o aire.
Toléalle a cabeza. Branquea o sentido<o:p></o:p>
Non sabe a quen amar.
Ten un corazón mentireiro.
Agora aprende a ter corazón de ferro.
E agora dóelle máis ca nunca
porque o corazón precisa amar
como tamén precisa chorar.
Coma un neno que quere o colo de súa nai.
Son as tres da mañá; unha hora na que seguir
esperta é o menos ansiado se mañá as sete pretendo estar en pe.<o:p></o:p>
Seica por motivos alleos algo decidiu que esta
noite non quixese emprendelo sono: chove fóra pero non tan forte como para que
as pingueiras fagan un arrolo co que soñar. Movistar tamén decidiu ter o 3G
saturado as 3.05 polo que ler en liña queda descartado. O único libro que teño
fala de político. Xa non está Xabier Díaz para que me susurre cancións á beira
da cama en modo aleatorio. E de tódolos tés que hai non sei cal é o que axuda a
adormecer.<o:p></o:p>
A pesar de levar todo o día en pé as ideas non
dan asentado, batendo deica un lado ó outro do pensamento. Magoa e cansa.<o:p></o:p>
Comezo un paseo, de vagariño, lembrándome de
todo co ollar perdido no teito escuro e cunha pobre luz que chega dende os
buratos da persiana perfilando un patrón de estreliñas e constelacións
monótonas na miña habitación. E aí viaxa o meu sentido preguntando por todo.<o:p></o:p>
Unha vez dixo meu pai “Que malo é cando as
cabeciñas pensan.”<o:p></o:p>
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1021845381332071748.post-44205443545602144802012-06-28T14:48:00.005+01:002012-06-28T14:48:55.148+01:00Emulando a Egon Schiele
Inspiración sobre as obras do pintor Egon Schiele
Photoshop. sen tableta gráfica
Sofía Fondohttp://www.blogger.com/profile/18310541663370323488noreply@blogger.com1