Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


martes, 16 de octubre de 2012

Chegar sen querer á madrugada.

Son as tres da mañá; unha hora na que seguir esperta é o menos ansiado se mañá as sete pretendo estar en pe.

Seica por motivos alleos algo decidiu que esta noite non quixese emprendelo sono: chove fóra pero non tan forte como para que as pingueiras fagan un arrolo co que soñar. Movistar tamén decidiu ter o 3G saturado as 3.05 polo que ler en liña queda descartado. O único libro que teño fala de político. Xa non está Xabier Díaz para que me susurre cancións á beira da cama en modo aleatorio. E de tódolos tés que hai non sei cal é o que axuda a adormecer.

A pesar de levar todo o día en pé as ideas non dan asentado, batendo deica un lado ó outro do pensamento. Magoa e cansa.

Comezo un paseo, de vagariño, lembrándome de todo co ollar perdido no teito escuro e cunha pobre luz que chega dende os buratos da persiana perfilando un patrón de estreliñas e constelacións monótonas na miña habitación. E aí viaxa o meu sentido preguntando por todo.
Unha vez dixo meu pai “Que malo é cando as cabeciñas pensan.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario