Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


jueves, 29 de noviembre de 2012

Un só e para sempre.

Entón deixei voar hora e medio de sono para quedar a escoitar unha historia:

Ela era ela.
El tiña medo de ser el.

Vivían en países lonxanos pero sentíanse moi preto.
Ela mandaba cartas perfumadas.
El mandaba partituras de cancións que endexamáis sabería tocar.

Ela gustáballe bailar.
El aprendeu.

Ela escoitaba mentres el falaba.
El soñaba mentres ela o miraba.

Ela buscaba cada noite onde pousarse no seu colo.
El esperaba a que ela adormecese para velares polos seus soños.

Ela ás veces tremía co medo.
El co seu ollar nela era todo o valor que precisaba.

Ela era a súa compañeira, amante e muller.
El era o seu todo.

Entón un día, como xiada de inverno, a morte sentou á beira da súa cama.

El desapareceu.
Ela segueuno agardando corenta anos.

Todas as mañás ela preparaba a súa roupa.

Poñía dous cubertos máis á mesa.

Xamáis gardou as cousas do seu escritorio.

Sempre comodou a súa almofada antes de durmir.

Sabía que el seguía con ela outros corenta anos máis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario