Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


jueves, 21 de junio de 2012

Retais de pensamentos

Disto que te pos a pensar até a metade. Exemplos varios:


1. O silencio só o escachaba aquel contacontos e os risos que estoupaban dos que oían atentos.

E dicía o contacontos: "

2. A miña inspiración expirou.
Dende que non hai un mal de amor que me atormente, dende que rematou o inverno que me aloumiñaba ó outro lado da xanela.

3. As verbas espalladas, as lembranzas que se van de vagar, os días e as noites, as persoas e as súas pegadas enchen os nosos camiños. Non teñas mágoa dos anos que deixamos atrás porque deixarán vir moitos máis.


4. Peixes e demáis merdas nas redes. Ás veces non somos conscientes do que recollemos cando tentamos lanzalas redes e outras moitas veces que tampouco sabemos en que redes caemos.


5. Verás, amor, son casi as 5 da madrugada. Levo así esperta dende hai dous días. Aos que me recriminan "Que mala cara tes" non deixo escapar outra excusa da miña boca que non sexa "Ando dunha gripe que non descanso nada ben" Pero o certo, amor, é que estou agardando por el. Mentres, arróupome entre botellas de cristal de 33 cl e coas gotas que se verteron por fóra intento limpalo rimel que axuda a demacrar un pouquiño máis a miña cara


6. Nunca souben acertar a dicir cal é a alentada de aire que che empurra a escribir estas cousas.
Hai veces que


7. Estou nun lugar afogado por gargalladas alleas e polo cheiro a café. O inverno peta na ventá e non alcanzo a nada máis que non sexa buscar aloumiño sentada na silla máis preto ao radiador. Nen sequera é mediodía e atragóanseme as gañas de pedir un botella de destilado; hai tanto que esquecer.



E velaí as miñas verbas orfas no aire que quedaron coas ganas de contar unha historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario