Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


martes, 5 de julio de 2011

Time after time - Cyndi Lauper

É a mesma historia con outro título; mesmas personaxes e mesmo pseudónimo ao final das verbas. Pero desta vez xa me sei o final.
Da igual cantos capítulos me fagas vivir ou canto suspense recres arredor túa. Nin sequera cantas personaxes secundarias vas engadir nunha historia de dous. Sei a fartar de que vai o conto pero, sen saber por que, sempre penso que vai ser diferente. Cóntame outra.

Por unha vez quixera escribir a miña propia historia.
Agora unha coma, agora un punto e coma; avanti cun punto e seguido.
Puntos suspensivos... Unha pausa. Recapacita (unha parénteses).

Punto final.

1 comentario: