Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


sábado, 30 de julio de 2011

reflex-i-ón

"As cousas caen polo seu propio peso". E é certo. Tanto como que 'penso, logo existo' ou como que o corazón ¿está? no lado esquerdo do peito. Máis hai cousas que nadie chas pode ensinar e ningún libro poderá explicar. Son esos contratempos que cadaquén ten que pasar e saber superar el só para logo sacar unha lección diso.
Hai pouco, detívenme a leer unhas verbas que escribiu un rapaz onde definía dous tipos de persoas: as que se abren ás demáis persoas e comparten os seus sentimentos e as que non.
Que, evidentemente, as primeiras persoas terían consolo e apoio mais as segundas persoas, que se cerran tragando todos os seus sentimentos, herdarían polo seu comportamento unha proxección da súa imaxe de dominio e control de si mesmos... pero ao final, que soamente sería unha mera apariencia.

Lonxe de ter que sentir pena, admiro as segundas persoas até o punto de querer ser coma elas. Reprimín calquer amago de amor e cariño cara outras persoas que me poidan supoñer algunha debilidade. Non sinto nin padezo por ninguén nin creo no amor. Non me gusta expoñelos meus medos nin temores para non amosalo meu punto fraco. Pero tampouco me avergoña pedir que me tendan unha man.
Prefiro chorar de última para poder soster os demáis, e se choro... prefiro chorar para dentro. Creo na amizade, creo MOITO neles.
Non creo en seres divinos nin en supersticións, creo únicamente en min e na miña infinita forza de vontade. Non creo sequera que o límite sexa o ceo.
Creo que os soños cúmprense, pero tamén creo que para iso hai que loitar e antes caer mil veces e volver levantarse outras mil. Creo que a felicidade está nas cousas máis miudiñas e se contaxia de sorriso en sorriso.
Creo que vida só hai unha, e é demasiado fermosa como para deixar que cousas feas e tristeiras ma asoballen e ma tingan con pingueiras de dor e laios. O pasado, pasado está e del só me levo os bos recordos e as leccións aprendidas. O futuro, futuro é e por vir está e heino afrontar cos meu erros enmendados. O presente é o que quero vivir ao meu xeito e este é: sorrindo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario