Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


miércoles, 22 de junio de 2011

Cando un recén nacido chega á vida comeza a chorar e patalexar. Xa non só pola dor de respirar o aire amargo que lle dará a atender que xa non ten a seguridade do ventre materno. Eu ainda hoxe choraría e patalexaría porque sabía que non ía poder reter os primeiros recordos até ben anos despois. Íame perder todas as carantoñas de má, tódolos seus bicos, os seus aloumiños, o seu "Bos´días", "Boas noites. Que durmas ben, meu anxo.".
Tódalas veces que miraría para min cando me deixase no berce, as veces que me arrouparía para que non tivese frío e a sinxeleza e coidado co que me pasaba o seu dedo pola miña meixela miuda mentres me ollaba e dicía:

- "Princesa."
- "Má."

E daquela un 22 de xuño, quérome volver lembrar de quen me dou a vida e a segue dando para que eu a desfrute plenamente e poida volver escoitar "Princesa." e eu responda "má."



Quérote, má.
Feliz cumpreanos.

2 comentarios:

  1. Muchisimas gracias por haber comentado en mi blog!:)
    He intentado leer la entrada para comentarte un poco sobre ella, pero no entiendo nada jajaja lo siento, un besazo!

    ResponderEliminar