Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


miércoles, 15 de junio de 2011

FM

Namoreime, e isto vai durar o que dura unha canción: tres minutos intensos. Tres de ritmo incesante. Exhaustos. Recapacitarei nun compás que teña silenzo. Hei agonizar no penúltimo. Heime esquecer ao final. E logo, daráme igual. Tal vez algún día volva tarareala canción. Até que volva poñela radio e haxa outra que me guste máis

No hay comentarios:

Publicar un comentario