Digamos que o que quero dicir non o conseguen un par de verbas. Digamos que a miña forma de ver non a explican tres adxetivos e un adverbio. Digamos que non nos fiamos da primeira impresión e o que realmente queremos é coñecer. Porque “querer coñecer” é a intención que el me inspira. O xeito no que te fai cómprice cunha ollada e o aloumiño que irradia o calor do seu sorriso son os responsables de que realmente poida decir “Eu confío en ti”. E é que non se fai de rogar para facernos saber que é un rapaz transparente, sinxelo e moi humilde. Sabías tamen que é moi tranquilo? Tanto que apostaría que o mundo andaría ao seu compás se se o propuxese. Ten esa capacidade. Seino porque, máis dunha vez, conseguiuno en min.
O que máis lle gusta de min é a miña gheada e o que máis me gusta del é cando me fala no seu sosegado castelán e remata suspirándome dúas palabras en galego: “Ai, mociña”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario