Dende cativa con esa manía: esribir no bafo dos cristais algún segredo que logo borraría coa man. Non hai máis que ver a través da xanela para darse conta de todo o que contei e o que ninguén escoitou. Pero eu hoxe quero ser a voz das memorias cubertas por motas de pó. Quero que, polo menos, repousen no voso escoitar igual que repousan os meus segredos no bafo dos cristais.
E ahí está el. Canso, agardando o seu anelado sono. Un home forxado cos golpes do tempo reflectidos agora en todas e cada unha das enrugas da súa pel: parece que contan as súas peripecias, as súas alegrías e os seus laios. Labrou toda a vida coas mans e coa dor, nunca deixando caer rendido o seu corpo no pó seco das terras que lle daban de comer.
E ahí está el. Baldado, sen insistir máis. Un home forte que agora non é quen de comer nin camiñar por el mesmo. Un home que o traizoa o seu propio ser: que pode doer máis que perder todo o vivido? Sentirse como un descoñecido que non é quen de recordar o seu demacrado rostro nun espello e só pode limitar a balbucear: “Ahí hai xente que non coñezo”. E realmente só está el.
Debe estar na súa natureza ser loitador. Un home que o foi toda a súa vida non desiste agora. El ceiva palabras sen sentido ao aire a ver se algunha delas coincide con calquer lembranza que tan espalladas quedaron na súa demacrada memoria. Eu agóchome ao seu carón escoitando atentamente os delirios dos anos ate que un día falou dela.
A min chamábanme “A Bastianiña” porque dicían que eu era cuspidiña a ela: gardabamos realmente un parecido enorme. Son excasas as cousas que podo lembrar da miña avoa pero das poucas que recordo gardoas para min con moito recelo.
- Rosalía?
Non sei qué me levou a mentirlle, quizáis as ganas de manterlle vivo un recordo ou simplemente quería saber ata que punto pode un home perder a cabeza.
- Si. Son eu.
Miroume. A súa mirada fría parecía que atopaba por fin un halo de esperanza ao que aferrarse.
- Cómo estás? Estás ben? – Calei.
-Non te preocupes, que pronto habemos volver á casa, Rosalía.
E volviu xirar a cabeza deixando que a mirada se perdese no teito daquel cuarto. Parecía como se por fin sacase un peso fóra.
E ahí está el e aquí seguirei eu, esperando os días de xiada que agarden que lle conte un novo segredo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario