Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


domingo, 13 de febrero de 2011

Pero gústasme

Gústasme cando me falas. E cando está ben pretiño de min; cando me susurras e fas algo de barullo ao pronunciar o s. Gústasme. E gústasme cando xogas a debuxar nubes de morfina nas miñas costas para que ao final acabes enredándote no meu pelo. Gústasme cando me propós vernos a horas indiscretas e que a nosa pel se tinte da cor da lúa. Gústasme cando me fas túa e sentirme miúda entre os teus brazos. Gústame cando me deixas indefensa con cada bico.Gústasme cando comparas a túa palma coa miña. Gústasme cando me tiras da roupa. Gústasme ti.
Gústame cada tontería, tamén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario