Alggo que me delata cando estou nnerviosa é que comezo a movvelo pe a un ritmo frenéticco, pestañeo máis rápido e mordo o labio inferior. Nunca falla. Se me poñen nerviosa demáis entrelazo os dedos e cos polgares fago presión nas mans. Se esstou esperando a que me dean unha noticia impportante cruzo os brazos e cárgome sobbre o ventre. Balanccéome un ppouco sobre os dous pes e deseguido poño os brazos en formma de xarra se me desesperan. Retiro o ppelo cunha man e resoplo mentras deixo que o meu ollar caia no chan discretamente. Hai veces qque incluso sinto como o corazón me bate conttra o peito e escoito o sangue bombearse. Angustiosso.
Hai veces que canndo me atoppo con persoas que me intimidan de verdade fago que remexo no bolso e se non, fico cara o móbil mentress simulo que escribo unhha mensaxxe. As veces incluso finxxo que é unha mensaxe realmente interessante.
Outro doss meus defectos é que canndo minto cólanseme letras dobres nos escrritos. É unhha putadda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario