Como crear unha Nube de Morfina:
1. Acomódese
2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.
3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.
4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.
5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.
6. Desfrúteo facendo.
7. Compártao.
miércoles, 9 de febrero de 2011
Pegadas
E menos mal que eu caín centos de veces no mesmo erro. E non sei como e sen saber por que débome aplicar iso de que sempre hai algo que aprender; que a miña reincidencia non me faga perder o pouco xuízo que disque teño. Mais sempre se atopa consolo ao ver o cú dunha botella de destilados ao berro de "Hoxe non hai quen nos pare!". Garde os fumes, rapariga; que o mundo non se acaba hoxe. Volte vostede paseniño e bótese a durmir, que mañá será outro día.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario