Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


lunes, 14 de febrero de 2011

Cartas ao ego

Optimista. Moi entusiasta, moi ilusionada e sempre cun pouquechiño de voluntade para facer imposibles por calquer cousa. Sempre pensei que non tería fronteiras para nada; únicamente tería forzas para tiralas se algún día éstas se levantaran contra min. Hai realmente poucas cousas que consigan afundirme, mais cando éstas aparecen replantéome moitas cousas. Pero sabes? Non é malo sentirse así. Incluso as veces é necesario: se precisas chorar, chora. Se precisas desafogarte, desafógate. Se precisas berrar, berra. E se non, sácalle partido posto que un optimista sempre ve o lado bo ás cousas. Sabes que podes crear a canción máis fermosa do mundo? Sabes que podes compoñer os versos máis intensos xamáis recitados? Sabes que podes narrala historia máis apaixoada que faga brotar unha bágoa noutra persoa? E daquela, cando penso así, dígome: “Non hai cousa que me poida afundir ainda.”

1 comentario: