Como crear unha Nube de Morfina:
1. Acomódese
2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.
3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.
4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.
5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.
6. Desfrúteo facendo.
7. Compártao.
lunes, 14 de febrero de 2011
Diario dunha comunicadora
Hoxe é unha mañá na que realmente apetece quedar na cama escoitando chover fóra. Non te queres mover do sitio; nen sequera media volta. O outro lado da cama está frío e esta é unha mañá na que non tes ganas de baterte contra nada –nin co frío das sabas-. Dan as dez da mañá pero ti xa estabas esperta; intentabas marcarlle un compás á choiva pero perdíaste de ritmo todo o tempo. Ves caer as pingas que esbaran pola xanela e non queres pensar en nada. Escóitase un murmullo pero moi lonxano ainda: o tráfico de Coruña parece que xa te achega un pouquiño máis á realidade. Míralo móbil. Non tes nada. Como a noite pasada, como hai dúas noites e como a noite de mañá. Desmotívaste. Logo mosquéaste. Finalmente resígnaste e lanzas un pensamento ao aire “Paso do tema!”. Por fin das media volta a ese lado frío da cama que sacude por uns segundos o corpo e bates coa mirada no teito: hoxe é unha mañá na que realmente apetece quedar na cama escoitando chover fóra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario