Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


viernes, 26 de noviembre de 2010

Ego

Isto funciona así. Se che gusta cóllelo e se non tamen. Aquí parece que as veces o que un mesmo desexa non importa. O que un mesmo quere non vale nada. Pois sabes? Faite valer! Eu sei que non é facil e que hai días que nada está do teu favor. Eu sei que enche de coraxe ver como, aos poucos, terceiras persoas pisotean o que ti un días chegaches a querer infinitamente con todo o teu ser. Como nunha acción desfán milleiras de inquedanzas que ebullían fortemente no corazón. Pero sabes? As veces a proba máis dura comeza en nós mesmos: sabendo qué merece a pena e qué non. E dende logo lamentarse polo que non foi nin polo que puido ser non o é. Faite valer! Cantas veces non quedamos a chorar por non estár nesa lista de "seleccionados"? Cantas veces non pataleamos por que o noso traballo non foi "increiblemente bonito" para o xurado? Cantas veces baixaches do escenario pensando "cagueina"? Cantas? As suficientes como para empuxarme a seguir insistindo no que quero a pesar de que ainda me van seguir decindo "non eres o que buscamos". Penso que ata agora conseguín máis do que calquera apostaría por min e sei de cheo que nin sequera o ceo pode ser o límite. Porque, seguramente, ainda hei dar de que falar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario