Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


sábado, 13 de noviembre de 2010

Querela

Ela sempre ía con ese home de barbas escuras e pouca cabeleira. Muda, sen facerse notar. Facía todo canto el lle pedía sen opoñerse.
Fráxil, cativa, fermosa. Tiña a pel negra e un ollar intimidador: ela era capaz de lembrar con detalle todo canto podía ver.
Non sei cando comecei a querela e a amala intensamente. Toleara. Non había momento no que non desexara estreitala nas miñas mans. Debecía por tela deica min.
Non quixen contarllo ós meus pais. Mancaríaos. Que dirán? Non saberían entendelo.
O home de barbas escuras apoiume: sempre soubo que existía un futuro axeitado para nolas dúas.
Hoxe en día estamos xuntas e mentres algúns nos miran coa súa patética superioridade eu non podo esquecer as palabras do home de pouca cabeleira: “Quérea como se fose parte de ti e lembra que as túas fotos teñen que contar algo. Non sexas unha fotógrafa calquera: se o que vas retratar non amosa algo interesante ou non conta nada mellor non sáquela foto. Amósalle ao mundo o que podes facer con ela: coa túa camara.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario