Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


viernes, 26 de noviembre de 2010

porción de amor delirante,

Quero de ti un atrevemento, unha tolería, unha arroutada. Collerme de súpeto. Os pálpitos, a emoción a flor de pel: sentirte. Terte. Que me teñas. Mírame, estou espida; son a túa palabra, ponme o teu acento.

1 comentario: