Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


lunes, 25 de octubre de 2010

Terceira estación

Encántame que o outono veña facerme caras á miña xanela. Cando o frío torna de cor vermella as follas das árbores sei que o outono volve, puntual, ó noso encontro entre cristais. Dende cativa, el e eu xogando coa choiva, vendo como escorregaba pola miña ventá debuxando rueiros, atrapando outras pingas e facendo carreiras a ver cales chegaban antes.
Ainda hoxe, cando estou abrumada, volvo xunto a ventá para que o outono me acompañe. Mentras el xoga soprándolle ás polas das árbores para enlealas, eu matino no que quedou atrás no verán. Oxalá, outro, sopres ben forte para levares ese amor de verán que non quero lembrar máis.

1 comentario: