Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


domingo, 24 de octubre de 2010

Punto e coma.

Ser alguén na rutina. Alguén que cae nos mesmos pasos a pesar de ser erróneos. Son coma o carrusel. Agótame sempre o mesmo percorrido a espera dunha moeda, como unha puta que se move por diñeiro.
Todo parece bonito no carrusel: as súas luces, as súas cores... Ando paseniño, ao ritmo dunha risa finxida. Ando paseniño, acompañada de acordes ilusos. Ando paseniño, fago tempo: oxalá volvas. Como lle di o carrusel ao neno, coma eu a ti. Máis por dentro non son máis ca un carrusel, que precisa un motivo ou unha moeda para moverse. Ou a ti.

1 comentario: