Eu non me criei en ningunha avenida con nome de rei nin en ningúa rúa que fose dar a unha praza maior. Eu crieime nunha rúa que morre onde tódalas demáis do pobo: nun cruceiro. Cando toca unha noite de inverno as rúas tíntanse coa luz da lúa vestindo á noite soamente cunha gala. Semellante gusto tan estrafalario de brindar luz á rúa custoume pouco máis que un corazón novo.
Os rueiros por onde escapou a miña pouca dignidade e valentía nunca levaron a ningures. Por ser nin semellan camiños. Atreveríame a dicir que non son máis que riachos que a choiva bosquexou segundo lle apeteceu e que o home botou a andar por eles. O home, os animais, o medo e eu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario