Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


miércoles, 16 de febrero de 2011

números

A miña cita perfecta quero que sexa cun rapaz que chegue sempre tarde e que a excusa que me poña non sea creíble. Quero que mentres me leve a dar un paseo nos chova e se me estropé o pelo. Por culpa da choiva, quero que entremos a un bar adrede para non mollarnos e tomar algo. Que estea tan petadísimo que non se colla nel e teñamos que tomar algo de pé. Quero que non teñamos tema de conversación e nos aburramos e ao final un dos dous diga: marchamos?. Que saiamos e sigamos sen tema de conversación. Quero poñerme tan nerviosa que me volva torpe e me caian as cousas das mans. Que el faga chistes malisimos e por un intre que pensemos os dous para os nosos adrentros "terra trágame". Quero que sexa un completo desastre. Polo menos será máis levadeiro, xa estarei acostumada para cando acabe mal.

3 comentarios:

  1. Pesimista ou realista con experiencia?

    PD: Gústame o teu blog, espero que poñas cousas alegres de vez en cando xD.

    ResponderEliminar
  2. Sofía Araceli17 febrero, 2011

    Moi realista! Jajajajaja
    Descoida eh? Tamen poño cousas alegres moi de vez en cando, non te vaias pensar que son tan desdichada! :P

    Moitas grazas^^

    ResponderEliminar