Estás un día amañándote. Recóllelo pelo, déixalo de lado, alísalo ou prefires rizalo para esta noite? Vísteste e notas ahí algo. Mañá de veras que xa se pasou. Vas pola rúa, camiñas e doe. Pero para disimular quédaste mirando un escaparate. "Nena, apura!". E volves outro día velo, sigue ahí. Vasllo ter que comentar a alguén "Nena tranquila, mañá de veras que xa se pasou". E durmes, non así e non do outro xeito, porque así ainda doe. Levántaste e paseas un cacho polo cuarto a ver si se pasa. Toses "Ai!". Agora xa non é só ahí e cóstache máis. "Si? que mira, hoxe non vou ir". Se antes non tiñas ganas de facer as cousas agora menos. Un día levántaste con ánimo, paréceche que vai ir todo mellor. Riste, falas e parece que olvidas. "Se queres imos miralo". E ti non queres iso, porque xa verás como mañá se che pasa. Estás un día amañándote. Recóllelo pelo, déixalo de lado, alísalo ou prefires rizalo para esta noite?
No hay comentarios:
Publicar un comentario