Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


miércoles, 2 de mayo de 2012

Son cousas

Van as horas de vagariño. Tranquiliñas, sen presa, ó seu ritmo. Pasan indiferentes e eu desespérome.

De cativa planeas como queres que sexa o teu futuro. Tes uns soños que che fan tirar moi alto e esperas con moita ilusión poder acadalos un día.

Pero as horas pasan sen perdón chegando a amorearse un feixe delas para convertirense en anos e dubidas por momentos se esos soños estarán xa da miña man.

Logo sempre hai quen fai sentirte miúda facéndoche crer que non son máis ca paxaros na cabeza, que liches moitos contos é que iso só é para nenos ricos de papá.

Pero que é dunha soñadora sen esperanza? «A esperanza é o último que se perde» e «o que chega fácil, fácil se vai» e é por iso que «o bo tarda en chegar» porque «quen a segue, conséguea». E se as cousas non pintan ben «ó mal tempo boa, cara» porque «nunca choveu que non escampara».

Por que o que non che ensinan na escola é que un debe creer en si mesmo. Creer e moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario