Dubidas. Vacilas. Volves negalo. Mente en branco.
Voltas ó mundo real.
Divagas. Refútaste. Dubidas. Xa non o negas. Cabeza feita unha maraña de pensamentos traidores.
Desespéraste.
Unha soa persoa abonda para botar abaixo o meu muro feito de andanzas que magullaron o fondo do meu peito, que erguín arredor miña para defenderme de sentimentos. Disos que mancan.
Que mancan moito.
Non me gustan as cancións de amor, nin os plans de dous. Non me gustan os bicos na rúa, nin que me collan da man. Nin as flores. Non me gusta que me esperen nin que me acompañen, nin que me esperten cun "princesa" nin me adormezan cun aloumiño.
Non me gusta que me namores.
Xa non me gusta.
Vou acabar derrentendo ese cubiño de xeo que tes por corazón.
ResponderEliminarAs nubes algo grises, a morfina demasiado branca, o azucre pode ser moreno?
ResponderEliminarAzucre moreno, branco, rubio e refinado que é un azucre puro que contén un 99,9% de sacarosa.
EliminarE se ves vir problemas de diabetes a sucralosa é unha boa solución a sacarina, que nalgúns países está prohibida por ser canceríxena!
Pero o caso, é que ó que lle botes sexa doce :)