Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


domingo, 18 de septiembre de 2011

Parecido a un anuncio Ikea

Por dereito está todo o mundo coa posibilidade de facer unha festa ó ano. A máis común é celebrar o seu aniversario: conmemorala data do seu nacemento.
Polo que, coa razón aquí presente, fago uso do meu dereito a celebrala miña festa cada 16 de xaneiro e como cidadán da miña República Independente propoño celebrar cada día que sume ás miñas costas.
Esta nova normativa entrará en vigor a partir de xa.
Se me fallan as contas -porque de seguro, me llevo una, me faltan seis- xa levo vividos a frioleira de 6.570 días en 18 anos. Se restamos que xa celebrei 18 días correspondentes co dezaseis de xaneiro, soamente me quedaron 6,552 festas sen facer. Con este ano súmolle 261 días sen celebrar: 6,814 días privada de festas. Isto non poder ser.
Polo que de agora en diante, quedan declaradas oficiais e obrigatorias tódalas festas dos días que veñan de agora en diante.

1 comentario:

  1. gustame esa nova reflexion Sofi, habera que levala a cabo no? :)

    ResponderEliminar