Se estou moi conmocionada por un feito altérome moitísimo e trabúcanseme as palabras amontóandose na punta da lingua e cando dou por imposible poder falar poño as mans diante miña deixando as palmas cara arriba con intención de estrujar algo e exclamo «Aaaagh».
«Non che da o aire nin o tempo para dicilo todo dunha sentada.»
Soenmo dicir mentres resoplo cando logo do "arrebato" quedo máis tranquila.
Iso é o que lle pasa as persoas que son ao mellor moi nerviosas ou inquietas e moitas veces iso é o que os leva a cometer idioteces.
A frase «consultar coa almofada» é a mellor cura para os ataques de ira repentina. Ainda que sempre hai que ter moito sangue frío para controlarse un nunha situación e de seguro que o vemos con máis posibilidades de solución se o vemos mañá pero moitas veces o orgullo e a chulería que sempre sacamos a relucir nos peores momentos lévanos á fatalidade.
Hai que ter unha elegancia: un saber estar en todo momento e con estilo. Saber gardala compostura e escoller as palabras máis perfectas e adecuadas posibles e non ser uns peixes -porque todos sabemos por onde morre éste-.
No hay comentarios:
Publicar un comentario