Dende antano, as persoas envexaban as aves por seren donos únicos do ceo. Surcaban ao seu antollo aquel espacio infinito e indomable polo home, perfilando as nubes, domando o vento.
Foron milleiros os intentos do ser humano por quereren imitar tal maxestuoso don daqueles seres que desafiaban as verbas de Newton.
Mais haberá un comportamento que o home non terá ao seu dispór o xeito de descifrar, mais a pesar de seren animais actúan dun xeito predecible por instinto, como manifestación do máis garimoso dos sentimentos das persoas.
Existen un tipo de aves que levan o nome de Divagantes, que lonxe de seguir o curso da naturaza voan, non para buscar un ambiente máis calido, se non para atopar un lugar onde eles estén a gusto. Un ave divagante pode aparecer en calquer lugar, separándose da súa bandada por tempo indefinido.
Ninguén coñece por que estas aves senten o impulso de marchar, de cruzalo charco e amosalo seu repousado vo en terras descoñecidas. Nin se explica se, detrás da súa prumaxe esconden ese sentimento de morriña, de voltar co resto de aves divagantes...o sentimento de precisar outra ave divagante ao seu carón.
Pero a tenacidade destas aves é o impulso necesario que lles da valor para emprender unha longa viaxe mentres a súa bandada vela porque a súa compañeira divagante chegue a bo porto.
Visto el vídeo y leído el texto... ¿cómo se llama la persona tiene el mismo impulso que el ave?
ResponderEliminarhttp://across-atlantic.blogspot.com/
ResponderEliminarEsta é a ave divagante, que esperemos que volte axiña!
Perdona por el malentendido, me refería a si el "divagante humano" podría tener un nombre específico diferente, o simplemente absorber la misma palabra que define al ave.
ResponderEliminarPor cierto, el ave divagante sí que se fue lonxe.