Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


martes, 7 de junio de 2011

Entre cafés e azucarillos

- "Para nada me considero cobarde. Nunca pechei os ollos e lisquei. Nin lisquei primeiro e logo pechei os ollos. Moitas veces enmudezo no máis infernal dos silenzos e ao non escoitarme pensan que xa non estou aí. Estou, estou. Estou de tódalas veces e de tódolos xeitos. Son das que vai atrás cando caes para facela caída máis levadeira e endexamáis fun coa punta do nariz erguida facéndome ver como a boa samaritana. Moitas persoas dano todo diante de outras cando non hai que dalo e na hora da verdade son máis efímeros que unha caixa de bombóns nas miñas mans."

- "Dou fe."

- "Logo... logo polo xeral gusto de evadirme dos problemas. As veces penso que moitas persoas queren atormentarse a si mesmos con calquer cousa. O peor de todo é que queren que os demáis tamén carguemos con esos problemas -que son grandísimas tonterías!-. A ver, que eu estarei aí para axudar pero non para aguantar tonterías: se o rapaz non te quere fódeste, tía. Pero non vas foder ti aos demáis cos teus problemas -que, recalco, non son máis que chorradísimas-."

- "Si, xa me sei uns cantos dese egocentrismo."

- "Quenes de verdade tiveron algún problema ou algunha dificultade han saber verdadeiramente apreciar o bo: que si xa é pouco non hai por que desperdicialo."

- "Eu tamén o opino."

- "De verdade: desfrutar cos teus amigos, rir até que se desencaixe a mandíbula, perder o sentido na festa, estar coa túa familia, ver mundo, coñecer xente...
Algo tan sinxelo como rir cara alguén. Se ti te ergues pola mañá e alguén che ri xa parece que che contaxia un pouquiño de felicidade. Pola contra, se de mira de fociños, ti tamén vas quedar un rato de fociños. Un 'por favor' e un 'gracias', ser ledo,... con tan pouquiña cousa podemos mellorar o noso día tantísimo."

- "..."

- "Por que non pór en prácticar ser feliz? É tan sinxelo."

3 comentarios:

  1. É moi sinxelo. Sen embargo, porque non o facemos? Eu opino que estamos nun mundo que non nos deixa pensar, que nos converte en egocéntricos, sempre pendentes de mirar por nós e buscar o beneficio propio.
    Liberdade de expresión si, por suposto! nos din (aínda que bueno, tamén habería que ver de que maneiras). Pero e a liberdade de pensamento? Os que nos gobernan intentan eliminar a nosa capacidade para pensar, guiándonos coma se fosemos un rebaño de ovellas. Se algún día deixamos de pensar por nós mesmos, da por seguro que adeus á nosa felicidade. Non nos deixemos levar! :)
    O que sempre mira ao mar

    ResponderEliminar
  2. É moito máis sinxelo que botarlle a culpa aos que nos gobernan "coma se fosemos un rebaño de ovellas"
    O cambio está únicamente e primeiro en nós, cambialo xeito de pensar e iso ten que ser unha iniciativa nosa!

    ResponderEliminar
  3. Por suposto, é moi sinxelo e estou de acordo! O que intento dicir é que esta sociedade na que vivimos estamos sendo educados para non pensar, porque é o que lles interesa aos que nos gobernan, penso que é algo evidente e por iso creo que teñen a súa parte de culpa no asunto. Como ben dis, ten que ser unha iniciativa nosa cambialo xeito de pensar, posto que o sistema non o fai. Un saudiño! :)
    O que sempre mira ao mar.

    ResponderEliminar