O mar, ben querido.
Foches testemuña de cada un dos meus amores
como de tódalas promesas vacías.
O mar, ben querido.
Ben quixera que tódalas noites
me arroláses coa túa nana de murmuios.
O mar, ben querido.
Verto a soas triste pantro
-como Pondal ao Monte Branco-
se te escoito de lonxe.
O mar, ben querido.
Ola Sofía,
ResponderEliminarNon te conozo persoalmente, pero gustaríame facelo algún día, a poder ser non moi tarde e preto dese mar que tanto queres, para dicirche en persoa que gardas un talento enorme e que namoras coas túas creacións(aínda que seguramente xa esteas farta de que cho digan). Segue así, espero ansioso o teu próximo post. Un saúdo dun literal -e algo máis- admirador que espera terche sacado un sorriso :)
FDO: O que sempre mira ao mar.
ai miña sofia, que te viñestes á poesía:)
ResponderEliminarA poesía é algo que che vou deixar a ti que é algo co que te remexes mellor!(:
ResponderEliminarMoitas grazas, anónimo! A ver se coincidimos mirando o mar (;