Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


miércoles, 18 de mayo de 2011

nin quixera vivir no interior

O mar, ben querido.

Foches testemuña de cada un dos meus amores
como de tódalas promesas vacías.

O mar, ben querido.

Ben quixera que tódalas noites
me arroláses coa túa nana de murmuios.

O mar, ben querido.

Verto a soas triste pantro
-como Pondal ao Monte Branco-


se te escoito de lonxe.
O mar, ben querido.

3 comentarios:

  1. Ola Sofía,
    Non te conozo persoalmente, pero gustaríame facelo algún día, a poder ser non moi tarde e preto dese mar que tanto queres, para dicirche en persoa que gardas un talento enorme e que namoras coas túas creacións(aínda que seguramente xa esteas farta de que cho digan). Segue así, espero ansioso o teu próximo post. Un saúdo dun literal -e algo máis- admirador que espera terche sacado un sorriso :)
    FDO: O que sempre mira ao mar.

    ResponderEliminar
  2. ai miña sofia, que te viñestes á poesía:)

    ResponderEliminar
  3. A poesía é algo que che vou deixar a ti que é algo co que te remexes mellor!(:

    Moitas grazas, anónimo! A ver se coincidimos mirando o mar (;

    ResponderEliminar