Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


martes, 17 de mayo de 2011

Acouga

Féndenme no peito cada un dos recordos aos que me aferrei -e agora, magullantes, volven- cos que lembrando acotío gostaba de desentenderme da realidade e, por uns intres, voltaba ser feliz. Que felicidade tan efímera. Chegar a un punto no que es inmune. Enganarte a ti mesma dicindo unha e outra vez "nin sinto, nin padezo xa". Que 'xa' tan surrealista.


Mandou mais a mente que o corazón. E deixei de sentir. Pero non hai quen deteña un latexo. E pouco a pouco estos petos foron espertando o que con tanto empeño quixen dar a esquecemento.

Acouga, isto pasarase... outra vez.

1 comentario: