Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


sábado, 5 de marzo de 2011

Amor por e para idiotas

Namorarse, a pesar de tódalas complicacións que trae, é sinxelo. Demasiado –incluso-. O ¿mellor de todo? é que o “amor” –este que te fai gilipollas- non entende de estereotipos nin clases sociais. A veces incluso non distingue do bo nin do malo: tanto lle da namorarse dun tonto como dun imbécil. E como se dunha cadea alimenticia se tratase o máis inofensivo é o que acaba fodido: se ti érelo máis namorado, sintoo cariño, pero vante foder por todos lados. Tódalas cousas que faga el/ela que consigan arrancar da boca dos teus amigos un “Deixao/a xa. Abre os ollos” valas pasar por alto porque estás namorado/a e ¿sabes? que o fixo sen pensar porque el/ela a ti tamen te ¿quere?
Erro. “E como se dunha cadea alimenticia se tratase o máis inofensivo é o que acaba fodido”
Pero ti ainda non abrichelos ollos. El/ela si e xa te deixou ao ritmo que Leire cantaba “que corto fue el ¿amor? y que largo el olvido”. Agora si que comeza a tontería!
Dispón vostede dunha conta aloxada nalgunha rede social? Dispón vostede de Twitter? Un blog ou MySpace? Non agarde máis! É o momento de comunicarlle ao resto de internautas o fodido/a que estás e o moito que a/o botas de menos! Non dude en complementar as súas penas con tristes cancións! Dispoñemos dunha ampla selección para os nosos usuarios fodidos/as. Tamen ofrecemos unha aplicación para rastrear a súa ex_parella. Entérese como un maldito psicópata de todos e cada un dos seus pasos, festas asistidas, comentarios de descoñecidos, fotos e, como non, ligues! O Fódaseaindamáis 2.3 está dotado de tal xeito que lle garantizamos o día amargado 100%!
Espabila, cona!

2 comentarios:

  1. joder Sofi, muy optimista tu eh jaja

    puede q tengas razon...
    todos y cada uno de los mortales sufrimos algun golpe sentimental a lo laro de nuestras vidas, pero ello nunca puede ni debe imponerse a nuestras ansias de encontrar a esa persona especial
    Estamos destinados a ello, incluso tu misma aunqe qiza aora mismo no lo creas jaja

    Tarde o temprano llegara, estoy seguro.

    Cuidate, un beso.



    Tu abogado favorito ;)

    ResponderEliminar
  2. Boa entrada, si señor... Verdades como puños!

    ResponderEliminar