Como crear unha Nube de Morfina:
1. Acomódese
2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.
3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.
4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.
5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.
6. Desfrúteo facendo.
7. Compártao.
martes, 7 de septiembre de 2010
Chora os días impares.
É unha sensación como de que milleiros de cristais rompen no teu interior. Pero o peor é que ti non podes facer nada para evitalo máis que calar. E calas. E non abondas. ¿Máis que podes facer ti? Parece que entras no outono e non notas máis que días húmidos e noites frías. Botas de menos. Daquela botas de menos o verán e as tardes cálidas. Pero sabes que tes que volver agardar para o teu verán e ao mellor tes que agardar algo máis que tres estacións e mentras tanto non notas máis que días húmidos e noites frías.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario