Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


martes, 24 de agosto de 2010

nº 16

- Por que lle ataches un cordel a este frasco?
- Para que non escapen.
- Para que non escapen, quenes?
- Tódolos momentos que pasamos, ti e eu. Así podo velos, a través do cristal, pero pechados, para que non se me vaian. Mellor que queden así, e non removelos nin intentar cambialos.
- E este outro aberto?
- Polo que poida vir, por se queremos recordar algo máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario