Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


lunes, 5 de julio de 2010

Zapato impar.

Tes algo gardado dende hai moito que por algún motivo non foches capaz de tiralo. Con ese obxeto irá anexado posiblemente un recordo. Un recordo tan forte que faga que gardemos ese algo por moito tempo. E cando volvas ver iso entre as mans acordaraste del, e lembrarás todos e cada un desos días. Pero sabes que pasa? Iso esquécese e algún día ese algo acabará no fondo de calquer cubo do lixo.
Photobucket

1 comentario: