Como crear unha Nube de Morfina:
1. Acomódese
2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.
3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.
4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.
5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.
6. Desfrúteo facendo.
7. Compártao.
lunes, 5 de julio de 2010
cookingxchips,
Gústame o cheiro a choiva, porque é coma se estiveses aquí, aínda que en realidade non estás. Gústame, porque me lembra a ti. Ten o teu perfume. E entón cando chove, gústame saír á rúa e empaparme de ti. O cheiro a choiva lémbrame cando te fuches, e iso faime sentir un pouco mellor porque, sen querelo, lémbrame que algún día viñeches coa choiva para quedar. O cheiro a choiva gústame, e talvez porque fai que senta que te teño á beira, ou polo menos bastante mais preto. Entón, cando chove imaxínome que o cheiro a choiva vaite facer pensar en min. Porque eu tamén tiña cheiro a choiva nos teus recordos. E entón gústame cando chove. Porque creo que é o momento, en que o ti e eu nos atopámos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario