Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


lunes, 14 de enero de 2013

Hoxe non hai literatura.

Hai unha cousa importante que aprendín... Pero 'aprender' de verdade. Non 'aprender' de contestar "Si, xa sei" senon de aprender, asimilar e pensar.

As persoas erramos pero porque nunca paramos de 'aprender' e endexamáis poderiamos facelo ben se non nos deixan volver a intentalo.
A iso chamámoslle segunda oportunidade e é un acto natural de bondade do ser humano do que ninguén debería cadecer.

Pero a natureza é moi lista e dotounos con outro sentido máis. O séptimo. Porque o sexto é un invento das películas. O sexto sentido é cando a rapaza loira mira detrás da porta porque pensa que hai alguén.

O séptimo sentido nunca se chega a desenrolar de todo nas persoas. Por iso moitas delas non o poden usar e evitar que lle fagan dano. Pero non dano de poñer tiritas e Betadine.
Dano de que se che encolle o peito e móllanseche os ollos.

Dano de que parece que escacha o peito. É dos peores.

Pois ben. Cando este séptimo sentido non se desenrola, no seu lugar aparece unha anomalía que non nos permite distinguir con claridade as verdadeiras intencións de terceiras persoas e os suxeitos pensan -por inercia- que todo o mundo é bo.

Os afectados comezan a desenrolar o séptimo sentido cando se decatan das malas intencións alleas.

Pero logo estos suxeitos sofren outra anomalía crónica que é perdoar e comezar dende cero. E aquí por moito que nos pensemos que "vouno/a seguir tratando igual", "seguro que non o fixo querendo" o corazón é máis listo que ninguén, incluso ca mente, e enseguida manda un estímulo para avisar: "Sofía, ándate con ollo."

No hay comentarios:

Publicar un comentario