Nestos días nos que parece que a señora Morte ven e vai. E agora mesmo está ás portas da nosa casa. A avoa vea sempre pero que ainda non chamou. Está sentada no balado de pedra tentando quencelos osos contra os restos de sol que quedaron deica as pedras. Pobre señora Morte, que frío ten sempre. Olla os veciños que veñen e van -que xa van poucos- e cando queira halle pedir a algún deles que vaia de paseo con ela. Poucos rechistan.
Pobre señora Morte, dicía a avoa, nunca ten con quen falar. Sempre encollida. Mira para ela, matando o tempo sen nada que facer.
Ás veces a avoa facíalle carantoñas dende a ventá.
-"Avoa, que fas?"
-"Saber que ainda teño toda a vida por diante."
2, agosto de 2005
No hay comentarios:
Publicar un comentario