Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


sábado, 11 de febrero de 2012

Malpica son tardes de inverno

Ás veces non pides máis. Queres tranquilidade: esquecerte do mundo e das túas obrigas e para iso, outras veces, chega con moi pouco. E así, pouquiño a pouco, o malo repousa ó fondo e por uns intres a felicidade debuxa uns bigotes por encima dos teus beizos. Quen precisa máis?
Como prestan as tardes de inverno en Malpica.



No hay comentarios:

Publicar un comentario