Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


miércoles, 24 de agosto de 2011

Querer, primeira persoa do singular. -te

Cústame tanto dicilo. A pesar de velo en centos de sitios non son quen de soltalo. Persoas incluso que se acaban de coñecer e na seguinte conversa xa o ceivan. As veces soa tan valdeiro. Incluso hai veces que ten veste obrigada a responderlle mais para non sentir que lle estou mintindo dígollo noutro idioma: en galego sintoo de verdade, pero noutra lingua parece que non.
Por iso non quero nin pronuncialo porque o receptor do meu "quérote" podería pensar que non é certo, e daquela el tampouco me correspondería. Pero eu estaríalle dicindo a verdade, pensando el que non: entón ámbolos dous estaríamos envoltos nunha mentira.
Daquela... tamén penso que quen mo solta a miúdo non mo di de corazón e quen mo di nun momento especial unha soa vez conmóveme e vóltame indefensa -eu, que nunca fun quen de sentir esbarar unha bágoa polas miñas meixelas-. E nese intre créolle.
Entón eu, sempre estou calada e cando o sinto de verdade,...
as veces, moi poucas, casi nunca digoo.

1 comentario:

  1. esa sofía!! toda a razón, onde estea un "quérote" que se quite o demais... gran texto, pasarei por aquí a miúdo :)

    ;*

    ResponderEliminar