Como crear unha Nube de Morfina:

1. Acomódese

2. Sírvase algo de beber. Se desexa acompañar con algo de picar, preferiblemente trociños de melocotón e piña para estimular a imaxinación.

3. Pense logo que quere de postre. Recomendacións: algo con moito azucre.

4. Deixe que entre a luz pola ventá. Recomendacións: Evite estar dentro da casa.

5. Teña con vostede pinturas, papel, boli ou lápis, unha cámara ou calquer instrumento/utensilio capaz de recoller algunha inquedanza.

6. Desfrúteo facendo.

7. Compártao.


jueves, 19 de agosto de 2010

ilusionismo

- Qué fas aquí?
- Iso tíñacho que decir eu a ti: eres ti o que non deixa de soñar comigo.
- É certo! Véxote onde non estás pero é porque non logro sacarte da miña cabeza.
- Pois deberíalo facer. Eu xa casi non penso en ti.
- Dismo en serio?
- Non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario